Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As mareas vivas reviven o esqueleto do Silva Gouveia

Esqueleto Silva Gouveia Praia Rostro2
Esqueleto do Silva Gouveia no Rostro-Fotos-Felipe Sar
As mareas vivas reviven o esqueleto do Silva Gouveia

Acontece cada ano, cando as mareas vivas son moi fortes. Esta Semana Santa está a ser un espectáculo pois o casco enferruxado do centenario do Silva Gouveira emerxeu en plena Praia do Rostro.

O vapor portugués naufragaba aló por 1927 cando un temporal o cazaba pasando polo fin da terra cargado de zucre, saía ca baixamar a flote para o deleite dos espectadores. Un naufraxio sen mortes. Como recolle o bo de Luís Lamela na Revista Alborada, de marzo de 1928: "El vapor portugués 'Silva Goveia', que había embarrancado en el lugar de Castreje, fue destrozado por los temporales de los últimos días, salvándose solamente alguna carga y poco más de 300 toneladas de azúcar, de las novecientas y pico que traía. Para recoger dicha carga salvada, llegó a Corcubión otro vaporcito de la misma compañía que está cargándola, a medida que se traen en camiones desde Sardiñeiro". Unha nova que saíu en todos os medios a nivel estatal, o que deixa ver claramente a importancia que pode chegar a ter un bo programa do "turismo de naufraxios".

Esqueleto Silva Gouveia Praia Rostro

Esqueleto Silva Gouveia Praia Rostro 3

Comentarios