Venres. 17.05.2024
El tiempo

O temporal destapa a doce historia dos naufraxios no Rostro

O temporal destapa a doce historia dos naufraxios no Rostro
Os efectos dos naufraxios déixanse notar na praia do Rostro como en poucas outras praias do mundo. Cando vai algo de mar de fondo as galletas de chapapote do Prestige fan a súa reaparición. E tamén aparecen mareas e mareas de trozos de metal, que xa teñen tantos anos como leva o Casón afundido diante da praia. Pero o que deixaba á luz o temporal esta fin de semana só o esperaban os especialistas mergulladores. O casco enferruxado do vapor portugués "Silva Gouveia", que naufragaba aló por 1927 cando un temporal o cazaba pasando polo fin da terra cargado de zucre, saía ca baixamar a flote para o deleite dos espectadores. Un naufraxio sen mortes. Como recolle o bo de Luís Lamela na Revista Alborada, de marzo de 1928: "El vapor portugués 'Silva Goveia', que había embarrancado en el lugar de Castreje, fue destrozado por los temporales de los últimos días, salvándose solamente alguna carga y poco más de 300 toneladas de azúcar, de las novecientas y pico que traía. Para recoger dicha carga salvada, llegó a Corcubión otro vaporcito de la misma compañía que está cargándola, a medida que se traen en camiones desde Sardiñeiro". Unha nova que saíu en todos os medios a nivel estatal, o que deixa ver claramente a importancia que pode chegar a ter un bo programa do "turismo de naufraxios". A espectación da Gabarra Prima, aínda en espera de auxilio, pode ser un bo exemplo. Barco Silva Gouveia de 1927 que o temporal destapou no Rostro-Foto-Jorge Parri Barco de 1927 no Rostro-Foto-Jorge Parri Barco de 1927 no Rostro-Foto-Jorge Parri

Novas relacionadas

Fonte

Video Silva Gouveia

Comentarios