Martes. 19.02.2019
El tiempo

Marta Lado leva o premio á Mellor Actriz no Festival de Toulouse por Sicixia

Marta Lado leva o premio á Mellor Actriz no Festival de Toulouse por Sicixia
A fisterrá Marta Lado e Monti Castiñeiras son os protagonistas de Sicixia A fisterrá Marta Lado xunto a Monti Castiñeiras son os protagonistas de Sicixia   A actriz fisterrá, Marta Lado, recibía o premio á Mellor Actriz polo seu papel protagonista de "Olalla" na longametraxe “SICIXIA” (Vía Láctea Filmes), dirixida por Ignacio Vilar, no XXI Festival Cinespaña de Toulouse (Francia). O Presidente do Xurado, o actor francés Serge Avedikian, explicou na Gala de entrega de Premios celebrada onte sábado pola noite na Cinémathèque de Toulouse que o galardón servía para recoñecer un excelente traballo de interpretación a través dun desenvolvemento sutil e gradual do personaxe de "Olalla" e unha profunda expresión dos sentimentos, ás veces catártica, así como pola dignidade do personaxe protagonista feminino ao longo da fita. A actriz, que non puido asistir á Gala, agradeceu ao Xurado que se fixara en "Olalla" e recoñeceu sentirse orgullosa de recibir o seu primeiro premio internacional amosando un anaco da súa terra, a Costa da Morte. Tamén convidou ao público francés a visitar a nosa terra e subliñou que nun momento no que as fronteiras rompen o mundo, SICIXIA fala de namorarse do mundo do outro. O director, Ignacio Vilar, foi o encargado de recoller o premio e subliñou que este Premio supoñía un grande pulo para o cinema rodado en galego. Fonte
  • QPC
Comentarios