Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Matriarcas toman a Confraría de Fisterra

Matriarcas expo en Fisterra
As Matriarcas toman a Confraría de Fisterra

Este venres, 1 de xullo, inaugúrase, na Confraría de Fisterra, a mostra Matriarcas. Unha exposición fotográfica sobre Mulleres que adicaron toda á súa vida a traballar no mar.

A cita, que comeza ás 16:00h, estará amenizada con música tradicional, e a exposición poderá disfrutarse durante todo o mes de xullo.

Un Mercado en cada porto

Outra das grandes celebracións de este ano é a II Edición de “Un mwercado en cada porto: mulleres artesás de Galicia, unha homenaxe ás antecesoras artesás da nosa terra”. Co apoio de Artesanía de Galicia, a feira itinerante, leva integrada unha exposición fotográfica das nosas antecesoras artesás: Redeiras, Colareiras, Palilleiras, Cesteiras, Oleiras... mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dádolle vida os traballos máis ancestráis da nosa cultura.

Así, este mercado-exposición visitará o Porto de Fisterra o vindeiro 25 de xullo (de 11:00 a 20:00), e fará o propio o 31 en Malpica. Tamén estará en Poio, Portosín, Rianxo ou Coruña.

Comentarios