Modesto Fraga denuncia que o Concello fisterrán é o máis endebedado da Costa da Morte

09:05 21/02/11

Débeda
Xa son 12 anos de gobernos do PP, anos que para o BNG implicaron que "o noso municipio ficou atrás, perdido á intemperie, sen ningún tipo de ambición nin de perpectivas de futuro". A isto hai que engadirlle que "o concello de Fisterra ostenta o "grande mérito" de ser o municipio máis endebedado da Costa da Morte, cun 32,5% do seu presuposto hipotecado, case ao límite do permitido pola lei".Carencias
E iso que "os fisterráns aínda non contamos con servizos tan básicos e primarios como un Centro de Saúde minimamente decente, unha Casa de Cultura (Dumbría, sen ir máis lonxe, conta con sete, unha en cada parroquia), unha oficina de turismo, unha gardería infantil, un PXOM co que podermos organizar o noso territorio, unha programación cultural á altura da historia e do prestixio da universalidade de Fisterra, unha biblioteca pública en condicións, etc, etc."Propaganda
Denuncia o propio Modesto como, a vista das eleccións, o goberno anuncia agora, "a bombo e platillo, que todas estas carencias serán debidamente atendidas a partir da próxima lexislatura". Con todo, e "a raíz da "Operación Orquestra" os alucinatorios plans dos iluminados peperos van camiño de ficar en papel mollado", vaticina.Máis información
Novas relacionadas
- O BNG de Fisterra estrea portal web.
- Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
- Por unha Rúa Real peatonal en Fisterra.
- O BNG fisterrán recolle firmas contra o canon da auga.
- Modesto Fraga, novo candidato do BNG de Fisterra.
- Xoán Silva Pazos é o novo resposable da estreada asemblea de Galiza Nova en Fisterra.
- Óscar Insua reafírmase como Candidato do BNG á alcaldía de Corcubión.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.