Muros recibe con homenaxe ao mariñeiro secuestrado por piratas somalíes


A pasada noite chegaban ao aeroporto de Lavacolla os dous mariñeiros de Muros e Pontevedra que quedaban secuestrados por piratas somalíes dende finais do pasado ano. E a vila mariñeira de Muros prepara un recibimento especial ao seu veciño, Alfonso Rey Echeverri. A xuntanza-concentración será na Praza do Concello de Muros este sábado 21 de maio ás 19:00 horas e a convocatoria está realizada polo grupo dos amantes da vila muradá "I Love Muros". Precisamente un dos autores deste grupo e da convocatoria é o noso colaborador Manuel M. Caamaño.
Alfonso Rey pasou xunto co mariñeiro pontevedrés José Alfonso García, 137 días secuestrado no barco Vega 5.
Fisterra homenaxea aos heroes da Armada Arxentina

Este xoves 19 de maio, ás 19:00h, no salón de actos do Concello de Fisterra, acollerá a conferencia do Comandante Horacio Vázquez Rivarola. Unha cita que servirá para homenaxear aos Fisterráns Heroes da Armada Arxentina.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- a href="http://www.facebook.com/event.php?eid=202372353133531">Evento de Facebook Xuntanza-Concentración de benvida a Alfonso Rey Echeverri.