Xoves. 12.12.2019
El tiempo

A necesidade de saír ao mar en pleno temporal

O Noeta remolcado por Salvamar -Foto-David Trillo
O Noeta remolcado por Salvamar -Foto-David Trillo
A necesidade de saír ao mar en pleno temporal

Días de temporal no mar. Pero moitos mariñeiros non poden parar de traballar. A necesidade de pagar as facturas, e a escaseza de axudas en caso de mal tempo, obriga a ducias de mariñ[email protected] a xogarse a vida cada inverno.

Sorte tiveron onte os tripulantes do Noeta Primeiro, embarcación de Sardiñeiro que ten base no porto de Corcubión. Quedaron, por mor dunha avaría a causa da forte mar, sen timón, sen goberno, nun caladoiro na zona do Ghurghullo, entre o Cabo Fisterra e o da Nave, e durante 2-3 horas estiveron a mercé do mar. 

Dende Camariñas saíu ao rescate a Salvamar para remolcalos a terra, sans e salvos aos 4 tripulantes (non estaban Jeni, unha das bravas mariñeiras da comarca, de baixa por maternidade).

Non foi demasiado susto porque había varios barcos ao lado, e "se houbese moito problema nos recollían uns compañeiros de Fisterra", expllca o patrón Urbano Suárez, patrón maior de Corcubión. Un Urbano que recoñece que "hai que saír a traballar porque levamos unha temporada que apenas podemos traballar un día ou dous ao mar cada semana. E se aparece bo pola mañá hai que aproveitar". 

Á pregunta se confía en as administracións fagan algo para axudar ás embarcacións segundo o tempo, Urbano é bastante escéptico. "Si oh, van mirar por nós as administracións... só miran por nós para cobrar".

Sen tempo a dixerir a problemática, xa arreglaron onte pola noite (acabaron ás 24:00h) a avaría, e á madrugada xa estaban de novo no mar.  "Hoxe está malo, hai máis mar que onte, pero tivemos que saír, sobre todo para recoller o aparello que non puidemos virar onte, porque non podes deixalo máis dun día, e seguramente, tal e como vén o tempo, non poderemos saín día máis".

Novas relacionadas

Comentarios