Nova xornada formativa sobre prevención de riscos laborais na construción
O próximo 19 de setembro, o Concello de Fisterra, en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (APECCO) e aConsellería de Traballo e Benestar, organiza a "Xornada sobre prevención de riscos laborais na Construción", dirixida a empresarios e directivos do sector da construción e afines (electricidade, fontanería, pintura, escaiola e xesos, carpintería metálica e do moble).
Na mesma tratarase sobre os requisitos a cumprir nas obras, as novidades na normativa de Prevención, selección e utilización dos equipos de traballo e as novas esixencias en materia de formación, cun posterior coloquio e resolución das dúbidas suscitadas.
A xornada será o xoves, día 19 de setembre, ás 19.30 horas, no Salón de Sesións do Concello de Fisterra.
Inscrición
As persoas interesadas poden inscribirse a través de APECCO: (tfno 981273951, fax: 981278867 email: [email protected]) ou a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra ( tfno: 981740001, fax: 981740677 email: [email protected])
Fonte
- Concello de Fisterra.