Novas obras de mellora nos camiños de varias parroquias de Fisterra
04:40 31/07/17
Luga de Mallas-Fisterra
En marcha se porán estes días as obras de ampliación e mellora de camiños municipais nos lugares de Mallas, San Martiño e Padrís, todos eles no concello de Fisterra. Obras financiadas pola Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro das axudas da Orde de infraestruturas de uso público. Custarán uns 35.000€.
Fonte
- Xunta.