Novos anegamentos en Muxía


Despois dos problemas cas riadas de finais de novembro, as novas chuvias destes días seguen causando estragos pola zona.
O baixo e o garaxe dunha vivenda de Chorente, en Moraime, Muxía, volvía anegarse debido ás chuvias a primeira hora da tarde dende pasado domingo 16 de decembro.
Ao lugar tiveron que acodir Protección Civil e os Bombeiros de Cee dous vehículos BUL e BNP para facer labouras de achiques. Procederon á retirada a auga que anegaba o acceso a vivenda pola garaxe, por medio de dúas bombas de achique xa que as que tiña o veciño non lle funcionaban.
Unha vez seco procedeuse aos traballos de limpeza.
Poste caído en Fisterra
Así mesmo, os Bombeiros e a Policía Local de Fisterra tamén tiveron que acodir ás 11:40 do domingo a unha chamada a San Martiño de abaixo, Fisterra, para poder retirar un poste de teléfono que caera na estrada e impedía a circulación. Ata o lugar desprazáronse 4 bombeiros con dous vehículos un deles o de altura. Unha vez alí cortaron os cables tensores para poder retirar o poste e co vehículo de altura deixaron suxeitado provisionalmente o cableado para poder facilitar a circulación ata que persoal de mantemento da liña se faga cargo da incidencia.