O Canario desarbolado
01:09 23/06/09
Un dos detidos na operación contra o Canario no 2009-Foto-Marcos Rodríguez
O pasado venres 19 de xuño de 2009, a Garda Civil detía a tres persoas por suposto delito de tráfico de drogas no bar "O Canario", coñecido centro "expendedor" de Fisterra. Non é nova a actividade ilegal no bar fisterrán, que dende hai anos é centro de idas e vidas de xentes de toda a comarca. A vila enteira coñecía a situación do bar dende hai tempo, pero poucas veces fóra denunciada.
A Garda Civil arrestaba a tres persoas, das que unha xa está en libertade. O máis importante foi Ramón Santamaría, que acodía a cara descuberta ao Xulgado de Corcubión. Segundo a Garda Civil, Santamaría seria o que surte aos camellos da zona, liderando a banda que máis droga move na Costa da Morte.
Santamaria estaba acompañado dun par de rapaces de 20 anos, un deles de nome Idilio, que, supostamente, facía de camello a pequena escala.