venres. 09.05.2025
El tiempo

O Colexio de Fisterra estudiará o caso da profesora denunciada

O Colexio de Fisterra estudiará o caso da profesora denunciada
ESCUDO colexio Nuestra senora do Carmen de Fisterra Rompe o seu silencio o Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra despois da revolta producida pola denuncia de maltrato dunha nai a unha profesora. A dirección do centro envía este comunicado despois de escoitar as gravacións duns supostos comentarios ofensivos dalgunhas das nosas profesoras. Unhas gravacións que o presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia considera inadmisibles. Nese sentido, Dirección e Equipo Directivo desexa manifestar o seguinte:
  • 1. A atención e o benestar do alumnado foi e é sempre o principal obxectivo deste centro en virtude do seu proxecto educativo. Por iso, lamentamos os prexuízos que esta situación puidese estar causando, non soamente a eles senón a toda a comunidade educativa, e trataremos de estar pendentes con proximidade ás súas reaccións, preocupándonos de protexerlles, como foi sempre a práctica habitual con todos os nosos alumnos.
  • 2. Recoñecemos e valoramos o labor de todo o corpo docente do centro, do cal cónstanos a súa total entrega á súa tarefa educativa.
  • 3. Abrimos unha investigación para comprobar a veracidad das gravacións e os feitos denunciados, e actuar en consecuencia.
  • 4. Calquera outra actuación que sexa necesaria para a integridade dos alumnos sempre será a primeira preocupación deste Centro.
 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios