xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Concello de Fisterra pon as mans á obra co saneamento de Sardiñeiro, a Anchoa e o porto

O Concello de Fisterra pon as mans á obra co saneamento de Sardiñeiro, a Anchoa e o porto

Era unha petición máis que demandada na vila do Cristo, despois de todas as problemáticas xeradas a nivel urbanístico no concello fisterrán. O grupo municipal, aproveita a colocación da Bandeira Azul na Praia Langosteira ara anunciar que en xullo comezarán as obras que eliminen os vertidos na praia de Sardiñeiro, e que será modificado o sistema de bombeo no porto-

Serán medidas para o control da calidade das praias e das augas portuarias, despois de xuntarse con técnicos de Augas de Galicia para abordar os múltiples problemas de saneamento detectados en puntos coma a praia de Sardiñeiro, na zona da Anchoa e San Roque, e no Porto.

Dende o Concello queren unha solución definitiva que corrixa os múltiples vertidos fecais existentes e que afectan de maneira diferente:

  • Por unha banda á praia de Sardiñeiro clasificada pola Consellería de Sanidade coma de Calidade Insuficiente.
  • Os vertidos en distintos puntos do Porto por desbordamento dos colectores.
  • Tamén se valora moi importante solucionar os vertidos fecais que chegan á zona da Anchoa e San Roque e nas Pardas que permita dar comezo a un plan de rexeneración do banco de coquina.

Así, o concello vén de dar orden ao seu persoal de obras para activar un protocolo de seguimento e vixianza sobre posibles puntos de vertidos fecais e deficiencias na rede de colectores. Foron detectados 4 problemas importantes na rede de bombeo no treito da Anchoa e na zona Portuaria e do que se demandará a Augas de Galicia que aprobe un plan inmediato que corrixa as deficiencias e poder contar así cun sistema solvente de depuración das augas.

Praia de Sardiñeiro

Unha das principais preocupacións é reverter a situación da praia de Sardiñeiro. En dúas semanas comezaran as obras de arranxo de separación de augas pluviais e fecais, co cal quedarán solucionados os vertidos sucesivos sobre a praia, e poderase iniciar a súa recuperación para un uso público con tódalas garantías. Nestes momentos a Consellería de Sanidade mantén a clasificación desta praia coma de calidade insuficiente, en base aos resultados dos controis das últimas catro temporadas. A pesar que as mostras obtidas os pasados 8 e 22 de xuño, por Sanidade, ofrecen uns valores mellorados en canto a presenza de bacterias fecais a praia mantense con dita clasificación de insuficiente. Con estes últimos resultados parciais a praia xa sería apta para o uso normal de baño.

Pedirán ademais a Costas “a urxente intervención de melloras sobre todo o paseo, pedíndolle que aprobe un proxecto polo que se restitúa todo o mobiliario de madeira: pasarelas, pontes, baños, bancos. Así coma todo o sistema de iluminación e a area de xogo pra cativos”. Tamén figura a “preocupación da situación ambiental da duna da praia, que sendo unha moi boa representación dunar precisa dunha intervención de restauración ecolóxica pola que se eliminen tódalas especies de plantas invasoras”, e se delimiten os accesos para evitar procesos erosivos e de deterioro. Para a erradicación da flora exótica invasora o Concello quere pedir autorización a Costas para realizar unha actividade de voluntariado ambiental.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios