Venres. 29.03.2024
El tiempo

O concello de Fisterra abre o prazo de inscrición para os cursos de informática

O concello de Fisterra abre o prazo de inscrición para os cursos de informática
Os diferentes cursos están dirixidos a adultos e nen@s empadroados no concello fisterrán Os cursos están dirixidos a adultos e nen@s empadroados no concello A concellería de Cultura, Educación e TICS do concello de Fisterra organiza varios cursos para a tempada 2015-2016 destinados a adultos e nenos e nenas. As actividades levaranse a cabo na aula de informática Municipal (situada na casa do Concello) Concretamente, os maiores de 18 anos e empadroados no municipio fisterrán teñen a oportunidade de participar nos cursos de informática básica e avanzada; ofimática, tanto a nivel usuario como avanzado; búsqueda de emprego na rede, creación de currículums e cartas de presentación; Internet, redes sociais e blogs; deseño de páxinas web co programa Dreamweaver; iniciación ó retoque dixital con Photoshop; Community Manager. Dependendo da demanda de cada un dos cursos, impartiránse en horario de mañá ou de tarde. O concello oferta para os nenos e nenas do municipio de entre 6 e 13 anos cursos de introducción a informática, ofimática, Internet, recursos web e Photoshop. As prazas son limitadas e cada persoa pode anotar un máximo de dous nenos/as. Os interesados poden inscribirse ou solicitar máis información no teléfono 981 74 01 91, no correo electrónico [email protected] ou na aula de informática municipal situada na casa consistorial. O prazo de inscrición está aberto a partir de hoxe.  

Comentarios