Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Entroido de Fisterra volve a ser en martes… e 13

O Entroido de Fisterra volve a ser en martes… e 13
Un ano mais estaremos de xurado no Entroido de Fisterra O pavillón de Fisterra volverá encherse para o Martes de Entroido Non falla. Comeza o ano e xa arrecende a Entroido na Vila do Cristo. O Concello de Fisterra vén de abrir o prazo de presentación para o famoso Concurso de Comparsas, “o Entroido máis tradicional da Costa da Morte”. Pero este ano a novidade é que tras dous anos caendo en sábado, a organización decide que se volva celebrar un martes, neste caso o Martes de Entroido vaise celebrar o martes 13 de febreiro de 2017, a partir das 18:00h no pavillón municipal.. O prazo de inscrición para as comparsas (de mínimo 20 participantes) está aberto ata as 14:30 do 31 de xaneiro. Repetiranse os premios do ano pasado, 1.400€ para o gañador, 1.100 para o segundo premio e 800€ para o terceiro, e coma sempre, o resto de comparsas participantes recibirán unha axuda de 300€. Poderemos ir probando como veñen este ano as comparsas o sábado 10 de febreiro, cando se celebre o desfile polas rúas da vila. O domingo 11 será o día do Concurso Infantil na praza da Constitución, para o que tamén queda aberto o prazo de inscrición.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios