O Laberco con base en Fisterra naufraga ao oeste de Montelouro
20:35 04/09/13
Na mañá de hoxe sobre as 10:00 h naufragaba un pesqueiro con base en Fisterra, o tamén coñecido como Laberco, a embarcación tivo problemas mentras faenaba a altura dos baixos de Meixidos, fronte a costa de Carnota, según informa Salvamento Maritimo. No pesqueiro ian 4 mariñeiros que tiveron que ser rescatados por unha embarcación que estaba preto deles faenando, tralo aviso de Salvamento Maritimo, a embarcación que se acercou o rescate foi o pesqueiro Marinieves , Salvamento Maritimo movilizou o helicóptero Helimer, a Salvamar e mais a unha ambulancia para atender os naufragos no porto en fisterra. Os naufragos subiron a bordo do pesqueiro Marinieves, e unha vez que chegou a Salvamar os catro naufragos foron conducidos a Fisterra. O Patrón foi trasladado o centro de saude de Fisterra con unha crise de ansiedade.