Luns. 14.10.2024
El tiempo

O polbo Trump non safou da queima

O polbo Trump non safou da queima
Comitiva do sepelio do polbo Trump en Fisterra Comitiva do sepelio do polbo Trump en Fisterra O Maese Miguel e Luis Benlloch co Polbo Trump de Fisterra O Maese Miguel e Luis Benlloch co Polbo Trump saíndo dos asteleiros Segue a ser un completo éxito a recuperación da queima do Polbo para completar o entroido máis retranqueiro da Costa da Morte. Unha semana despois do senlleiro certame de comparsas, o pobo únese de novo para despedir o entroido ao grande. Tras varias semanas nos asteleiros, o Polbo “Trump” (o persoeiro do ano, sen lugar a dúbidas), saía polas rúas da bisbarra para rematar entre as lapas da praia da Ribeira. Este ano ademais, a troula e o fútbol mesturáronse á perfección, e esa brava afección da SD Fisterra, Os Rapacollóns, uníronse á festa armada pola Asociación Pirata de Fisterra. Primeiro acodiron a AraSolis a ver ao seu equipo disfrazados de "vellas da novena”. Xuntaron un ambientazo no campo fisterrán con moita xente disfrazada: papas, obistos, plañideiras, ademais da comitiva “cefapolbeira “ co polbo Trump á cabeza, acompañada de Melania, os “monajillos” mexicanos, e coro gospel e as propias ”vellas da novena”. Estiveron tocando os pandeiros sen parar durante os 90 minutos do partido para gozar doutra rotunda vitoria dunha SD que asegura practicamente a súa permanencia na categoría. Para celebralo, pasarrúas de ata a praza da Constitución, onte tivo lugar o funeral. Como non podía ser doutro xeito, foi Roberto Traba Velay, o párroco responsable de dar o "Funeral en fisterrán normativamente incorrecto": No nome da Bruxa Orcabaella, do Vacner, do demo Sentulo, da Raiña Lupa, da Santa Compaña, das pedras Santas, pedra da cama de san Jillermo, da pedra Cajona, e da pedra do Indio. No nome do mar da Malliña, da cova do Encanto, do Cabalo de Ouro, da Poza Choca, do carreiro do Corveiro, do Campo do Zapateiro, das pedras do Almacén e das augas claras do Cabello. A vos pedímos e imploramos o Dioses do fin da terra que nos liberedess do sinverjonza de Donald Trump e nos devolvades a Obama porque polo menos e bastante máis juapo, e brillanlle os dentes, e sabe baila e cantar e parece boa persona, e non ten esa cráneo de cocho con esa cara de porco e con eses fouciños así para diante que parece que babean, Aj que asco, que ten Donald Trump. Estas apenas foron dúas das estrofas dun traballadísimo sepelio. A cousa remataba na praia da Ribeira, coa multitudinaria queima. Aii, que gustiño!! Os Rapacollons de vellas da novena para a Queima do Polbo Trump Os Rapacollíons disfrazados de vellas da novena para ver á SD e a Queima do Polbo Trump

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios