xoves. 01.05.2025
El tiempo

O PP provincial apoia o Xeodestino Costa da Morte

O PP provincial apoia o Xeodestino Costa da Morte
O PP comarcal e provincial en Fisterra falando de turismo

Non cabe dúbida que a chegada do PP á Deputación supuxo un cambio no sector turístico da Costa da Morte. O enfrontamento dos Diego Calvo e Zaira Rodríguez (presidente da entidade e deputada provincial ademais de alcaldesa de Cee) coa Asociación Neria (a entidade que xestionou os cartos europeos destinados ao turismo dende hai máis de 20 anos) supuxo un cambio de rumbio do sector. A inminente posta en marcha do CMAT así o refrenda.

Esta fin de semana o secretario do Partido Popular da Coruña, acompañado pola directora da Axencia do Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo un encontro con empresarios de sector turístico e cos candidatos populares para as próximas eleccións municipais nos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica, Ponteceso, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Fisterra. Unha reunión para preparar a campaña e destacar a importancia de impulsar o xeodestino Costa da Morte como motor económico, social e cultural da provincia.

Nova asociación CMAT

O presidente provincial Calvo reiterou o compromiso e o apoio que a Diputación da Coruña e a Xunta, a través de Turismo, manteñen co proxecto posto en marcha para crear unha nova asociación que “canalice” as posibilidades e os obxectivos do xeodestino Costa da Morte, e que estará integrada por algúns dos municipios da comarca. “Trátase de que participen todos, de conxugar a iniciativa pública e privada”, asegurou o secretario dos populares, que insistiu en que o obxectivo “fundamental” da futura asociación é desenvolver proxectos conxuntos que promocionen turísticamente a zona.

Boas cifras

O pasado ano 2014 a Costa da Morte rexistrou unha “notable mellora” nos seus niveis de demanda turística. O xeodestino incrementou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 46%, con máis de 150.000, e os seus pernoctas nun 70%, cun total de 260.000.

Así, Calvo asegurou que a Costa da Morte “teno todo” para converterse nun destino turístico cunha oferta “única, diferente e singular”, destacando o seu “potencial” e calificándoo de “tesouro de indubidable valor”.
Tamén falou Nava Castro, que destaca o posicionamiento da Costa da Morte como un destino turístico “sostenible e de calidade”. A directora da Axencia de Turismo de Galicia, a Costa da Morte foi o destino con mellor comportamento da demanda hotelera de toda Galicia, rexistrando os crecementos de maior intensidade, tanto en viaxeiros e pernotas, como en cada un dos segmentos de mercado, con incrementos próximos ao 70%.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP.

Comentarios