Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Os Bakin´Blues, nominados aos Premios Martín Códax

Os Bakin´Blues, nominados aos Premios Martín Códax
Bakin Blues Band nominados aos Premios Martin Codax Musica 2014 Javi Turnes impartirá clases en inglés no IES Fernando Blanco

Boas novas para a Axenda Sonora da Costa da Morte. A banda compostelá Bakin´Blues Band, con gran arraigo en Sardiñeiro, vén de ser nominada para os Premios Martín Códax da Música.

Longa traxectoria a desta banda, que ten en Sardiñeiro a súa casa. O enlace non é outro que Javi Turnes, e a hospitalidade da Costa da Morte. O profesor de Filosofía no IES Fernando Blanco, que tantas mentes novas ten cambiado, pon letras aos temazos de varios músicos de excelencia. Tato coa súa tan afiada como suave guitarra, o baixo sempre presente de David, os dedos do pianista arxentino Ale Casquero e a caña dos baterías Lucas Fernández ou Pablo Bárez, ademais desa máxica armónica tan costeira que ás veces se deixa ver nalgunha noite máxica de San Xoán de Rafa Mississipi, forman a banda. Un grupo que nos leva ao máis puro Chicago.

Participarán na categoría Blues, por suposto, e pelexarán polo galardón cos Cats and Monkeys e Víctor Aneiros.

Alégranos ver moitos nomes que teñen pasado polas nosas vilas, así que envíamos os nosos parabéns aos Bakin e ao resto de candidatos nas 18 categorías.

Un par cos Bakin'Blues

Aquí vos deixamos un par de probas da súa calidade, a primeira en Corcubión da man de El Sur se mueve:


Candidatos para os II Premios Martín Códax da Música 2014

NOminados aos Premios Martin Codax 2014

Pop/Indie

  • Ataque Escampe.
  • Los Chavales.
  • Silvia Penide.
  • Rock

  • Cró!.
  • Narf Trío.
  • The Cornelius.
  • Blues/Funk/Soul

  • Bakin’ Blues Band.
  • Cats and Monkeys.
  • Víctor Aneiros.
  • Jazz/Músicas improvisadas

  • Felipe Villar Trío.
  • Sumrrá.
  • Xan Campos Trío.
  • Hip-Hop/Músicas urbanas

  • Aid Alonso.
  • Som do Galpom.
  • Wöyza.
  • Música Clásica/Contemporánea

  • Orquestra Vigo 430.
  • Samuel Diz.
  • Sounding Images.
  • Folque

  • Caxade.
  • Cuarteto Caramuxo.
  • Vaamonde, Lamas&Romero.
  • Música tradicional galega

  • Davide Salvado.
  • Malvela.
  • Treixadura.
  • Músicas do mundo

  • 2uS.
  • Dos fíos invisibles chegan as cores.
  • Trilitrate.
  • Canción de autor

  • aCadaCanto.
  • Xoán Curiel.
  • Xoel López.
  • Música infantil

  • Golfiños.
  • Pablo Díaz e a Banda TIC TAC.
  • Xiqui Xoque Fiú Fiú!.
  • Electrónica

  • Chrysalid9.
  • Pálida.
  • Sub Rosa.
  • Metal

  • Aphonnic.
  • Machina.
  • Nao.
  • Reggae/Ska/Mestizaxe

  • Dakidarría.
  • Transilvanians.
  • Zamaramandi.
  • Orquestras/Grupos/Música de verbena

  • Claxxon.
  • Orquesta Los Satélites.
  • Orquestra Os Modernos.
  • Premio Organistrum Salas

  • Aturuxo.
  • Garufa Club.
  • Sala Capitol.
  • Premio Organistrum Festivais

  • Espazos Sonoros.
  • Festigal.
  • Festival Sinsal Son Estrella Galicia.
  • Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical

  • GZmúsica.
  • Planeta Furancho.
  • Tres peixes voando.
  • Votacións

    Iníciase unha segunda quenda de votacións na que os socios e socias de Músicos ao Vivo escollerán aos premiados e premiadas de entre @s tres finalistas de cada categoría, de novo a través da web www.premiosmartincodaxdamusica.com.

    O 17 de decembro saberemos cales son @s gañador@s dos II Premios Martín Códax da Música. Xa queda menos para a gran festa da música galega!!!

    Máis información

    Novas relacionadas

    Comentarios