Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os cativ@s, os primeiros protagonistas da recén aberta Biblioteca de Fisterra

Os cativ@s, os primeiros protagonistas da recén aberta Biblioteca de Fisterra
Nenos na ludoteca de Fisterra-Foto-Dario Gomez Nenos na nova ludoteca de Fisterra-Foto-Darío Gómez

Solventada unha das carencias máis curiosas da vila do Cristo. Ser unha das poucas vilas de Galicia sen Biblioteca Municipal deixaba a Fisterra nun lugar esquecido, pero gracias á implicación do violuntariado e do traballo das concellerías de Teresa Fernández e Kuka Sar, o Concello vén de solucionar falla.

Facía día malo o pasado venres, un día ideal para ir á Biblioteca, pensaron moitos cativos. Son eles os protagonistas destes primeiros días de Biblioteca, e de feito, non había quen os arrincara da ludoteca, onde xogaban e xogaban cos xogos de mesa.

O Concello recibiu numerosos parabéns das familias asistentes que levaron de regalo unhas películas en galego (que se esgotaron) e uns marcapáxinas.

Inauguración da Biblioteca de Fisterra-Foto-Darío Gómez Inauguración da Biblioteca de Fisterra-Foto-Darío Gómez

Agora tócalle ir sobrevivindo a esta nova infraestrutura cultural da Casa do Arco, a base de voluntarios, pois aínda non poden contar con persoal específico para abrila en horario completo.

Polo de pronto, xa estaban preparando unha nova actividade pensada para o público infantil. Este luns ás 12:00h chega Caxoto con Vellos Contos e Novos Finais. O martes tamén haberá ás 12:00 h, Contos de Barriga Verde, con Fran Rei. E o mércores péchanse estas actividades inaugurais coa Maxia de Dani García, tamén as 12:00.

Nova Biblioteca de Fisterra-Foto-Dario Gonez Nova Biblioteca de Fisterra-Foto-Darío Gómez &nbps;

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios