Os peixes globo desaparecen do Cabo Fisterra


"¿Pero estos peces globo son de por aquí?" Esta é a típica pregunta que se lle pode escoitar a os milleiros de turistas e peregrinos que chegan ata o Cabo Fisterra cando o primeiro co que topan é cas casetas dos souvenirs. Tras varios anos de continuidade parece que as casetas cambiarán de adxudicataria, unha vez que a semana pasada o pleno acordara convocar a Mesa de Contratación para entregar a licencia á nova adxudicataria das casetas do Faro fisterrán.
Veremos pois se por fin poderemos disfrutar de artesanías do lugar, como as que precisamente durante este mes se expoñen dentro do faro, e deixamos de atoparnos elementos asiáticos que confunden ao visitante. Ademais a nova adxudicación obrigará a abrir e manter os servizos públicos, unha necesidade que por fin se levará a cabo, malia que obrigue a cambiar o papel hixiénico día si e día tamén.
En todo caso, dende a oposición piden premura e transparencia no proceso. O BNG asegura que xa teñen recibido varias queixas pola situación, unha vez que o pleno acordou facer o trasvase en "2 ou 3 días". Pide así ao alcalde da localidade a "que convoque, de xeito inmediato, a Mesa de Contratación para proceder á adxudicación definitiva das casetas do faro de Fisterra", para que "as persoas que gañaron o concurso legalmente poidan empezar a desenvolver o seu traballo con absoluta normalidade".
Lembra o voceiro do BNG que a adxudicataria será "a segunda oferta máis vantaxosa, unha vez coñecida a renuncia a esta caseta por parte da adxudicataria gañadora do concurso", lembrando que "Silvia Martínez Fernández foi a gañadora das dúas casetas só pola diferenza do baremo na oferta económica, que non na do proxecto de explotación", segundo Fraga.
Novas relacionadas
- A Artesanía local toma en agosto o Faro Fisterra.
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
- Necesidades do Camiño (II): Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.