Sábado. 25.05.2019
El tiempo

Os Reis repartiron ilusión polas parroquias da Costa da Morte

Os Reis repartiron ilusión polas parroquias da Costa da Morte
Que especial é sempre a tarde e a noite de Reis. Se cadra, esa tensa espera, ese durmir con medio ollo aberto por se aparecen, por se os podemos ver, é máis satisfactoria que o feito de abrir ducias de regalos. Ese pracer de esperar polas boas cousas da vida moitas veces é máis intenso que vivilas. Así pasou a tarde do 5 de xaneiro, un ano máis, pola bisbarra. Non fallaron as súas maxestades pola zona, percorrendo ducias de lugares e vilas (non faltaron ao seu paso polas parroquias), e levando ilusión por toda a Costa da Morte. Facemos un repaso para unha cabalgata que tivo que sortear a chuvia:  

A “Tractorgata” de Mazaricos

Cabalgata de Reis 2018 Mazaricos 1 Fantástica a iniciativa mazaricá de aproveitar a data reivindicar o sector agrogandeiro na súa cabalgata de reis. Os tractores engalados por catros das asociacións do Concello (Eu Son Mazaricos, Asociación Cultural de Antes, Gandeiros de Mazaricos e Asociación Amas de Casa de Mazaricos - El Hórreo) roubaron protagonismo ás mesmísimas maxestades. Ao baixar das súas “carrozas”, os Reis Magos fixeron unha parada no Belén de euca lipto situado na entrada do Concello e ofrecéronlle ao Neno leite en vez do tradicional ouro, incenso e mirra. En Mazaricos, o rei favorito é John Deere.  

En Malpica, con chocolate

Os Reis, ao seu paso por Buño, aproveitaron para tomar o chocolate quentiño que leva facendo Olga, da ANPA, durante os últimos 9 anos. Non desaproveitaron a ocasión de zampar tamén os doces.  

Con susto en Zas

Foi completa a Cabalgata no concello de Zas. Con susto e todo. A unha das carrozas se lle escapou unha roda cando pasadaba por Brandomil, pero afortundamente as súa maxestades non sufriron ningún percance.  

Sorteando a chuvia en Vimianzo

Caeron gotas, e boas, ao paso da cabalgata en lugares como Berdoias. Pero non impediu que ducias de pequenos se achegasen a ver o paso dos reis polas parroquias. https://www.facebook.com/concellovimianzo/videos/1637616786277468/

En Santa Comba, cheo

Quedou pequeno o Recinto Feiral de Santa Comba para recibir a cabalgata.  

En Carballo

 

En Fisterra

Moi vistosa a cabalgata fisterrá que conseguiu superar as inclemencias meteorolóxicas.  

Fonte

Comentarios