sábado. 24.05.2025
El tiempo

Os veciños de Fisterra piden un desfibrilador público

Os veciños de Fisterra piden un desfibrilador público

Sen dúbida, unha das asociacións máis combativas da comarca é a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra, presidida por José Fernando Carrilo. Non para de facer propostas para a mellora da vila do Cristo, e esta semana fai o propio con dúas peticións presentadas no Concello.

Un desfibrilador público

Piden un desfibrilador en Fisterra Piden un desfibrilador público para Fisterra

Dado o envellecemento crónico que sofre a vila, piden os veciños fisterráns a instalación dun desfibrilador nun lugar céntrico de vila, co fin de poder atender coa maior celeridade posible en caso de infarto cardíaco a calquera persoa. Solicitan que a responsabilidade debería ser da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil recibindo as instrucións para o seu uso, e para dar pronto auxilio e deste xeito reducir ou risco de morte por infarto.

O sentido de dúas rúas

Tamén piden que se estableza un cambio no sentido da circulación dun vial, unha vez que hai unha duplicidade. Consideran que a mellor forma de regular o sentido dá circulación neste punto da vila sería establecer a rúa Atalaya como de acceso a esta zona (ata o Cinquillo) e a saída pola rúa Barcia en dirección a cálea Alcalde Fernández, formando así un anel vial, que sería a que menos prexuízos pode producir aos veciños.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación de Veciños Costa da Morte.
Comentarios