Martes. 23.04.2024
El tiempo

Unha parella fisterrá tivo que ser evacuada por inhanalación de monóxido de carbono

Os Bombeiros tiveron que acodir tamén a unha vivenda anegada en Lires e a recuperar unha balaustrada caída en Cee
Vivenda anegada en Lires
Así estaba o alpendre anegado en Lires
Unha parella fisterrá tivo que ser evacuada por inhanalación de monóxido de carbono

A mala combustión dun calefactor puido provocar a acumulación suficiente de monóxido nunha vivenda de Fisterra. Eran as 22:45 e a parella nova que vivía na vivenda da Avenida da Coruña, comezou a sufrir mareos e malestar.

Xa cando tiñan as fiestras abertas chegaron os Bombeiros de Cee, os axentes da Garda Civil, os efectivos de Protección Civil de Fisterra, que pecharon o subministro de gas. Os Bombeiros comprobaron que co explosímetro que as cifras daban positivo en monóxido de carbono. Urxencias médicas trasladaba ao matrimonio, ambos conscientes, ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee e ían conscientes.

Caída dunha balaustrada

Arredor das 17:00h, tamén deste venres, caía unha balaustrada dunha terraza na rúa Matadoiro, en Cee, danando un coche. Os Bombeiros retiraron o resto da balaustrada que quedaba ca axuda de unha escaleira, e os restos da rúa.

Vivenda anegada en Cee

Pouco despois, ás 19:30, os Bombeiros desprazábanse a Lires polo anegamento dunha vivenda. En realidade era un alpendre, cuns 50 cm de auga. Con dúas bombas de achique os Bombeiros procederon a valeirar toda a auga.

Comentarios