Piden a eliminación dun reparo da AGI para aprobación definitiva do PXOM de Fisterra
17 anos leva Fisterra esperando por un documento que rixa o seu urbanismo. Dende o 2000 vénse tramitando o proxecto de Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Fisterra. Un PXOM que segue atopando atrancos, obstáculos. Agora, aprobado en pleno o ano pasado, está pendente do informe da Axencia Galega de Infraestructuras para darse por finalizada a súa tramitación e proceder á súa aprobación definitiva.
Son varios os reparos da AGI, como a inclusión de dous viais de servizo paralelos na AC-445, na recta da Anchoa, dende o km 10,950 ao 13. Algo que para os membros da Asociación de Veciños Costa da Morte “é totalmente absurdo, xa que isto faríaa máis perigosa para as persoas que viven a ambos os dous lados do vial e obrigaría á construción de senllos pasos elevados para poder cruzar a estrada”.
Non entenden así os veciños fisterráns este reparo, que piden a súa eliminación para a posible aprobación definitiva do PXOM.
Novas relacionadas
- Marzo 2016: Aprobado un PXOM de Fisterra que non convence a ninguén.
- Decembro 2014: Novidades nos PXOM de Carballo, Fisterra e Muxía.
- 2013: 13 anos de redacción para o PXOM de Fisterra.
Máis novas
- Febreiro 17: A APLU realizou 9 derrubamentos dende comezos de 2016.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).