PSdG e BNG gobernarán en Fisterra con dúas dedicacións exclusivas
18:18 11/06/15
E a poucos días da investidura dos alcaldes tras as eleccións do 24M imos desvelando os pactos naqueles concellos da Costa da Morte nos que non houbo maiorías absolutas. Esta mañá xa informamos do apoio que lle brinda o BNG de Laxe ao PSOE, sempre e cando limen unhas diferenzas sobre o número de decicacións exclusivas.
E agora tócalle o turno a Fisterra. Segundo o comunicado de prensa conxunto remitido esta tarde polo PsdG e o BNG de Fisterra á redacción de QPC ambos grupos firmaron un "compromiso de acordo de estabilidade política e goberno do concello de Fisterra no mandato 2015-2019". Aquí informan de que o socialista José Marcote actuará en condición dealcalde, mentras que Xan Carlos Sar, do BNG, será o tenente de alcalde.
Dúas dedicacións exclusivas
Tanto o alcalde coma o tenente de alcalde atenderán ás súas responsabilidades a tempo completo con dedicación exclusiva. Ademais, conformarán unha Xunta de Goberno integrada por dous membros do PsdG-PSOE e outros dous do BNG.
En canto ao reparto de áreas, no comunicado remitido conxuntamente entre as dúas formacións afírmase que o grupo socialista estará ao frente de catros das seis áreas (asuntos sociais e saúde pública; relación co medio rural e saneamento de augas; turismo e deporte; e urbanismo, medio ambiente, obras e servizos".
Pola súa banda, o BNG xestionará as outras dúas áreas: unha relacionada coa pesca e o marisqueo, donde tamén se inclúen as subáreas de feiras, abastos, mercados, lonxa, policía local e protección civil, prevención e extinción de incendios, mobilidade e trasnporte urbano. E a segunda área que xestionará o bloque será todo o relaciona coa cultura, educación e promoción das tecnoloxías da información e as comunicacións.
Presentación pública
Esta tarde, ás 20:30 horas, terá lugar un acto público no salón de actos da Casa do Concello de Fisterra no que se presentará dito acordo entre ambas formacións
Novas relacionadas A previa dos plenos de investidura
- A previa dos plenos de investidura
- 5 concellos seguen pendentes das negociacións para posibles pactos.
- APIN-SON e BNG garantirán a investidura de Lois Carballido como novo alcalde de Ponteceso.
- O PP podería perder ata 6 alcaldías.
- 3 pactos para non deixar ningún azul en Coristanco, Laxe e Ponteceso.
- 10 maiorías absolutas, 5 do BNG, 3 do PSdG e 2 do PP, e 8 concellos quedan pendentes dos pactos.
- 3 pactos para non deixar ningún azul en Coristanco, Laxe e Ponteceso.
- A importancia de 36 votos en Corcubión e dos pactos en Fisterra.
- CxG ten a chave do goberno de Muros.
- Dous posible pactos teñen en vilo Santa Comba.
- 10 maiorías absolutas, 5 do BNG, 3 do PSdG e 2 do PP, e 8 concellos quedan pendentes dos pactos.
- Os grandes nomes das Eleccións Municipais do #24M.