Sábado. 24.08.2019
El tiempo

O PXOM de Fisterra ve a luz... 18 anos despois

Firma da aprobacion definitiva del PXOM de Fisterra-Foto-Carrillo
Firma da aprobacion definitiva del PXOM de Fisterra-Foto-Carrillo
O PXOM de Fisterra ve a luz... 18 anos despois

18, case 19 anos pasaron para que o Plan de Ordenación Urbanística de Fisterra sexa unha realidade. Esta pasada mañá de luns 5 de agosto de 2019, o alcalde fisterrán Jose Marcote asinaba o documento definitivo coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. 

Un documento que ten como prioridade "frear a dispersión e preservar o seu patrimonio natural e cultural", dando "un novo marco legal que marcará a evolución do municipio ata 2031". Un documento que substitúe ao que rexe actualmente na vila, de 1996.

Con este documento a Xunta pretende ordear o territorio municipal e focalizar as novas edificacións en núcleos xa consolidados, tendo en conta que o 92% do termo municipal está catalogado como solo rústico.

O PXOM prevé o prevé un crecemento máximo durante os próximos anos de 1.531 vivendas novas. Pero ademais ten en conta as dotacións en materia de sanidade, como a creación dun Centro de Saúde, para zonas verdes ou aparcadoiros.

Novas relacionadas

Comentarios