Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Realidade Virtual trouxo a Rosalía de Castro ata a aula CeMIT de Fisterra

Rosalia de Castro en realidade virtual en na Rede Cemit de Fisterra
A Realidade Virtual trouxo a Rosalía de Castro ata a aula CeMIT de Fisterra

A aula CeMIT de Fisterra réndelle homenaxe no día de onte, 23 de febreiro, co gallo do 187 aniversario do seu nacemento en 1837, a Rosalía de Castro utilizando para tal fin as novas tecnoloxías.

Foi o grupo de inciación á informática o encargado de realizar unha visita virtual á súa casa museo, paseando e explorando as diferentes estancias e aprendendo un pouco máis sobre a súa obra.

Ademais de facer uso dos ordenadores, tamén realizaron a visita da man de Alicia López a través das gafas de realidade virtual, aparello do que botaban man por primeira vez, pero ben seguro que non a última, xa que quedaron fascinados por esta tecnoloxía.

Rosalia de Castro na Aula Cemit de Fisterra

Comentarios