Recortes no Areouta: “Espero que o PP aprobe a moción, pero tamén que levante o teléfono”
Continúa a mobilización en Sardiñeiro arredor dos recortes no CEIP Areouta. Mentres a ANPA Arco Iris seguen concienciando a toda a veciñanza, o BNG presenta no pleno deste xoves unha moción para adoitar un acordo unánime das forzas políticas para apoiar as reivindicacións da ANPA e da dirección ante a “decisión da Xunta, por primeira vez en Galicia, de agrupar nunha soa aula tod@s os nen@s de Primaria.
Trala insatisfactoria reunión cos Xefes de Inspección da Consellería, á que non apareceron os responsables políticos, o pleno terá que pronunciarse.
A moción pide á Xunta que “tome en consideración o tempo excepcional que estamos a vivir do punto de vista sanitario, así coma a idoneidade pedagóxica, para reverter esta decisión de agrupar nunha única aula a dezaoito crianzas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, coa finalidade que as crianzas matriculadas podan recibir un ensino de calidade con garantías sanitarias, mantendo a distribución e agrupación adoptadas neste curso pasado”.
Parece evidente que todos os grupos apoiarán a moción, pero dende o BNG esperan que o PP, ademais de votar a favor, “levanten o teléfono e falan cos seus compañeiros de partido”, sinala o teniente de alcalde Kuka Sar.
NOVAS RELACIONADAS
- 27-07-2021: A ANPA do Areouta seguirá cas mobilizacións ante a inútil reunión ca Xunta.
- “É a primeira vez en Galicia que se agrupan nunha soa aula tod@s @s nen@s dos 6 cursos Primaria”.
- Xullo 21: O peche do CEIP do Pino do Val, un novo recorte no ensino público.
- Xullo 21: Denuncian a intención da Xunta de unir nunha aula os 6 cursos de Primaria do CEIP de Sardiñeiro.