Martes. 19.11.2019
El tiempo

Rescata ao seu compañeiro mentres pescaban en Fisterra

Rescata ao seu compañeiro mentres pescaban en Fisterra

O mar non descansa nin para votar. Este domingo un home que pescaba na zona de Punta Cabana, en Fisterra, resultou ferido esta mañá ao caer desde unha altura de tres metros a unha zona rochosa e de difícil acceso.

Os feitos tiveron lugar ao redor as 11:30 horas, e foi o seu compañeiro (ambos da Ponte do Porto) o que se lanzou ao mar e o devolveu a terra. Labor heroica do compañeiro pois o mar estaba bastante picado. 

Ata o punto desprazouse o helicóptero de Salvamento, que trasladou ao ferido ao Hospital Virxe da Xunqueira. Ao lugar tamén acodiron os efectivos sanitarios, membros de Protección Civil e axentes da Policía Local.

Comentarios