Rescatan outra persoa da auga de Mar de Fóra

Volveu acontecer. Apenas un mes despois da acción heroic de 4 veciños fisterráns salvando a vida a un peregrino que se lanzara á auga de Mar de Fóra, esta tarde de xoves 13 de xuño, houbo que desenvolver outro dispositivo de rescate por outra persoa ao mar.
Un grupo veu como a corrente arrastraba un corpo ata a area de Mar de Fóra, e rapidamente avisaban ao 112. De contado, mentres o grupo intentaba realizarlle reanimación cardiopulmonar, enviaban á embarcación Regulus de Salvamento Marítimo, e Protección Civil e Policía Local, que chegaban de contado ao lugar, sinalando que a persoa estaba insconciente pero que tiña pulso e respiraba con dificultade, abrigándoa e facéndolle a reanimación.
Pouco despois facía o propio o Helicóptero Pesca 1 de Garda Costas e a Ambulancia do 061. A persoa, unha muller de 49 anos, veciña de Santiago, foi trasladada polo Pesca 1 ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Rescatan unha persoa que estaba na auga en Mar de Fóra. A Salvamar Regulus de @salvamentogob e o Helicóptero Pesca 1, no lugar, con Prot. Civil e Policía Local de Fisterra.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) June 13, 2024
Os técnicos sanitarios do #061 tratando a persoa alí mesmo, antes de evacualo. pic.twitter.com/AtBTG89EUb