Falece o pescador rescatado tras caer ao mar nas rochas da praia de Arnela
20:37 25/10/21
Nova tarde de luto no mar da fin da terra. Un veciño da zona caía ao mar mentres pescaba co seu fillo, dende as rochas da praia fisterrá de Arnela. De contado o fillo chamou ao 112 mobilizaba o Helicóptero Pesca 1, os GardaCostas, a Salvamar Altair, a auxiliar do buque Don Inda, así como os pesqueiros que estaban faenando na zona.
Por terra, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil tamén se achegaban ao lugar, para ver como o home era restacado a bordo do helicóptero de GardaCostas e foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira. Finalmente falecía.