Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel

Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel

O Entroido de Fisterra xa ten cartel. "O Rei do Entroido na Costa da Morte" acolle unha nova edición da festa das festas co programa habitual. Mentres o prazo de inscrición segue aberto, xa temos idea do que acontecerá eses sábado 18, domingo 19 e martes 21 de febreiro de 2012.

Para o sábado teremos a clásica concentración de comparsas na Cruz de Baixar, que desfilarán pola vila do Cristo rematando co Pregón, que nos ofrecerá “o Rei do Entroido do ano pasado, Santi Caneta.
O domingo é o día dos nenos, co Concurso de Disfraces infantís na praza da Constitución.

Pero o día grande, coma sempre, será o martes 21 de febreiro, co tradicional Concurso de Comparsas a partir das 18:00h. Máis de 4.000€ en premios irán aló e se agardan comparsas da vila do Cristo, pero tamén doutras zonas. Esperemos que non falten os dumbrieses, xa parte fundamental do entroido fisterrán.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios