Martes. 13.04.2021
El tiempo

Sardiñeiro lamenta o pasamento de Juan José Canosa

Juan Jose Canosa con gafas de Sol durante unha procesion
Juan Jose Canosa, con gafas de sol, durante unha procesión do Carme en Sardiñeiro
Sardiñeiro lamenta o pasamento de Juan José Canosa

Esta pasada noite, falecía de cancro, aos 65 anos, un home moi querido en Sardiñeiro. Juan José Canosa Redonda loitou durante moitos anos, a través da Asociación de Amigos do Porto, pola consecución do peirao, tras unha longa loita veciñal.

De familia de mar, estivo toda a vida andando ao polbo, coas súas embarcacións amarradas sempre no lugar, a pesar das problemáticas que conleva. Mesmo antes da consecución do peirao, gardaba a lancha no Rumbo, e ía bogando ata alí na chalana.

O pobo de Sardiñeiro, que o consideraba unha “persoa fundamental e moi importante”, lembran o seu esforzo na organización da procesión da Virxe do Carme, e na axuda que prestaba na igrexa.

Hoxe descansa no Tanatorio fisterrán, e será enterrado este xoves ás 17:00h no cemiterio de Sardiñeiro.

comentarios