Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Semana Santa de Fisterra máis anómala dos seus 700 anos de historia enganchou á xente pola rede

ss fisterra 202-2021
A Semana Santa de Fisterra máis anómala dos seus 700 anos de historia enganchou á xente pola rede

Non falamos de 20 ou 30 anos. Falamos da Semana Santa máis anómala de 700 anos de historia, a vivida neste 2020 na vila do Cristo. A primeira Semana Santa sen procesiónas nas rúas, pero enchendo a rede de tradición con iniciativas singulares e escenas de anos pasados.

Por iso, a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Fisterra quere facer balance da Semana Santa máis anómala da súa historia. “Foi unha Semana Santa diferente pero logrou enganchar ao público nas redes”, apuntan. Os vídeos dos actos e das procesións se han ir emitindo ás horas nas que terían que celebrarse e foi un éxito de visitantes. Ata 190.000 visualizaciones das publicacións que a Xunta realizou en Facebook.

Así mesmo, a veciñanza reaccionou e protagonizou verdadeiras historias fermosas, como as palmas de Domingo de Ramos, as manualidades de penitentes, debuxos, fotos de participación na Semana Santa de Fisterra, as fotos da vela polos falecidos polo COVID-19…

Agora, só queda esperar por esa celebración que involucra a preto da metade da poboación fisterrá.

Novas relacionadas

Comentarios