Domingo. 06.12.2020
El tiempo

Silvia Penide celebra o seu premio Martín Codax cun concerto online dende Fisterra

Silvia Penide na Gala Martin Codax celebrada o pasado día 21 en Pontevedra. @pixelinphoto
Silvia Penide na Gala Martin Codax celebrada o pasado día 21 en Pontevedra. @pixelinphoto
Silvia Penide celebra o seu premio Martín Codax cun concerto online dende Fisterra

Este sábado 25, o Hotel literario Bela Fisterra acolle unha velada especial. A cantante de Meicende Silvia Penide, que temos escoitado en QPC, vai celebrar o seu segundo Premio Martín Códax da Música á mellor Canción de Autor/a.

A cita fisterrá será doble e en liña a través do instagram. O primeiro deles, en formato reducido, poderá seguirse no Instagram da cantante ás 14 horas. E o segundo será ás 21:00 dende o sofá da súa habitación no citado hotel.

Ademais, grazas ao acordo de colaboración entre Bela Fisterra e a axencia de representación Dezdedez, o escritor Rodrigo Costoya tamén realizará unha presentación dende o mesmo espazo. Neste caso será ás 11 da mañá e na charla na súa canle de instagram exporá a teoría que serviu de base para a súá primeira novela Portosanto, sobre a orixe galega de Cristóbal Colón e cal era a sua verdadeira identidade. Neste caso hai celebración doble. Por unha banda o lanzamento da terceira edición en galego de Portosanto e o importante recoñecemento para a sua segunda obra El custodio de los libros. Neste caso levou un dos premios máis prestixiosos en novela histórica. Trátase do IX Premio Novela Histórica Cidade de Úbeda que recibirá na cidade andaluza o día 14 de novembro, ainda que dende o 2 dese mesmo mes estará xa dispoñible a novela, que publica Ediciones Pàmies en toda España e que forma parte da triloxía De luz e tebras.

Os directos de Rodrigo Costoya e Silvia Penide das 11 e 14 horas poderán ser seguidos tamén dende as redes sociais do primeiro hotel literario da Costa da Morte, o Bela Fisterra.

Novas relacionadas

comentarios