Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Solpor presentará en Fitur o camiño de Fisterra-Muxía

Solpor presentará en Fitur o camiño de Fisterra-Muxía
credencial-camino-fisterra-muxia A entidade presentará en Fitur a credencial deste tramo do Camiño. Imaxe:  Solpor A asociación de empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía promocionará a prolongación xacobea en Fitur. Así o acordou a asemblea xeral de socios celebrada na noite do luns no centro de interpretación do Camiño de Hospital do Logoso, en Dumbría. En concreto, o colectivo, que agrupa xa a 97 empresas, presentará no stand de Galicia na feria madrileña a primeira credencial desta Ruta, cun deseño artístico e ilustracións do arquitecto e debuxante José Manuel Yánez. Nun principio foron editados 15.000 exemplares dos cales, unha boa parte foi distrtibuida xa principalmente en Santiago e Negreira. Na presentación en Madrid, Solpor dará a coñecer tamén un mapa deste Camiño, con todo tipo de detalles sobre cada unha das etapas e información dos estableclecementos asociados. Deste documento foron tirados 30.000 exemplares, distribuidos xa por moi diversos puntos, como Bilbao, Santander, Zamora, Santiago, Negreira, entre moitos outros. Xunta Directiva A asemblea da asociación xacobea acordou igualmente renovar a Xunta Directiva. Continúa como presidente Antón Pombo; vicepresidenta, Alexia Benlloch; secretario, Jesús Picallo; vicesecretario, José Antonio Bieito; tesorero, Jesús Trillo, ecomo vogais, Ignacio Castiñeira; Jesús Puñal, Antonio Lema, Pablo Canosa, José Formoso, Enrique Sampedro, Jesús Capeáns, Anxo Marcote e Isaac Figueroa. Na sesión, o presidente Antón Pombo, ademais de dar conta do executado en 2016, adiantou os proxectos previstos inicialmente para o vindeiro ano. Neste senso, está en marcha xa a elaboración dunha páxina web e unha aplicación para teléfonos móbiles, así como a elaboración dun novo vinilo para colocar en cada establecemento asociado, co fin de tentar transmitir ao usuario un marchamo de calidade. Tentarase chegar a un convenio de colaboración con asociacións xacobeas doutros países para que poidan distribuir as credencias de Solpor. Apuntouse tamén a posibilidade de elaborar un audiovisual deste Camiño, así como a de que os establecementos poidan ofrecer unha especie de “menú solpor”, co que se podería convocar un concurso, no que votarían os usuarios.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios