Stephen Hawking terá unha praza co seu nome no Faro Fisterra



Este mércores 12 de abril, ás 12:00h, terá lugar a inauguración da Praza Stephen Hawking en Cabo Fisterra. O Concello vén de decidir homenaxear a un dos científicos máis famosos do mundo co nome da praza que hai xusto antes do edificio do Faro. Un Hawking que visitou Fisterra en setembro de 2008, no marco dunha estadía dunha semana en Galicia, e manifestou sentirse impresionado polo lugar.
Así, o emblemático investigador terá o seu espazo nun dos puntos máis emblemáticos da xeografía española e un dos lugares máis visitados de Galicia. Será un monolito cunha placa co seu nome, a que descubran no acto o Alcalde do Concello de Fisterra, José Marcote Suárez; a Cónsul Honoraria do Reino Unido en Galicia, María García de la Concha; o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González.
Non faltará o gran responsable de traer a este e a outra ducia de Premios Nobel á Costa da Morte. O catedrático de física e director do Programa ConCiencia da Universidade de Santiago de Compostela, o baiés Jorge Mira fará de gran anfitrión e seguro que conta algunha das anécdotas que viviu con Hawking aqueles días na fin da terra.
Stephen Hawking (1942), XVII Catedrático Lucasiano da Universidade de Cambridge (cátedra que ocupou no seu momento Isaac Newton), é o científico vivo máis coñecido do mundo. Entre os seus múltiples logros científicos, completou a estrutura teórica do Big Bang no marco da teoría da relatividade de Einstein e obtivo resultados fundamentais sobre o comportamento de buratos negros.
Novas relacionadas
- Setembro 2008: Jorge Mira achega a Hawking ata á fin do mundo.
Máis novas
- Setembro 2016: O cociñeiro Juan Mari Arzak visita a Costa da Morte.
- Abril 2016: Jorge Mira: “A tumbona que hai na terraza da miña casa é o meu lugar favorito para observar o ceo”.
- Setembro 2013: Un novo Premio Nóbel que coñece a fin da terra con Jorge Mira
- Un novo premio crítico para Jorge Mira.
- Xuño 2011: O baiés Jorge Mira segue recibindo premios pola súa capacidade de divulgar ciencia.
- Xuño 2011: Un Nobel máis que coñece a fin do mundo da man de Jorge Mira.
- Xaneiro 2011: As entrevistas do GDR: Jorge Mira.
- Un novo premio crítico para Jorge Mira.
- Jorge Mira recibe o premio de Ensinanza da Real Sociedade Española de Física.
- Redacción QPC ([email protected])