Stephen Hawking xa ten a súa praza na fin da terra
21:16 12/04/17
Jorge Mira, a Consul de Londres e Pepe Marcote descubrindo a placa da praza Stephen Hawking-Foto-Darío Gómez
Este pasado mércores 12 de abril, tivo lugar a inauguración da Praza Stephen Hawking. O Concello decidiu homenaxear a un dos científicos máis famosos do mundo atourgándolle o seu nome á praza que hai xusto antes do edificio do Faro. Un Hawking que visitou Fisterra en setembro de 2008, no marco dunha estadía dunha semana en Galicia, e manifestou sentirse impresionado polo lugar.
Ao acto acodiron Alcalde do Concello de Fisterra, José Marcote Suárez; a Cónsul Honoraria do Reino Unido en Galicia, María García de la Concha; o voceiro da Asociación de Veciños de Fisterra José Carrillo; o ex alcalde José Manuel Traba e o alcalde de Corcubión, Lalo Insua.
Non faltou, como non, o gran responsable de traer a este e a outra ducia de Premios Nobel á Costa da Morte. O catedrático de física e director do Programa ConCiencia da Universidade de Santiago de Compostela, o baiés Jorge Mira que fixo de gran anfitrión,
A consul honorífica de Londres na Praza Stephen Hawking-Foto-Darío Gómez
Inaugurando a Praza Stephen Hawking-Foto-Darío Gómez
Stephen Hawking (1942), XVII Catedrático Lucasiano da Universidade de Cambridge (cátedra que ocupou no seu momento Isaac Newton), é o científico vivo máis coñecido do mundo. Entre os seus múltiples logros científicos, completou a estrutura teórica do Big Bang no marco da teoría da relatividade de Einstein e obtivo resultados fundamentais sobre o comportamento de buratos negros.
Novas relacionadas
- Setembro 2008: Jorge Mira achega a Hawking ata á fin do mundo.
Máis novas
- Setembro 2016: O cociñeiro Juan Mari Arzak visita a Costa da Morte.
- Abril 2016: Jorge Mira: “A tumbona que hai na terraza da miña casa é o meu lugar favorito para observar o ceo”.
- Setembro 2013: Un novo Premio Nóbel que coñece a fin da terra con Jorge Mira
- Un novo premio crítico para Jorge Mira.
- Xuño 2011: O baiés Jorge Mira segue recibindo premios pola súa capacidade de divulgar ciencia.
- Xuño 2011: Un Nobel máis que coñece a fin do mundo da man de Jorge Mira.
- Xaneiro 2011: As entrevistas do GDR: Jorge Mira.
- Un novo premio crítico para Jorge Mira.
- Jorge Mira recibe o premio de Ensinanza da Real Sociedade Española de Física.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)