sábado. 07.12.2024
El tiempo

Tereixa Fernández volveu ao pleno

Tereixa Fernández Concelleira BNG Fisterra
Tereixa Fernández volveu ao pleno

A número dous da candidatura do BNG en Fisterra nas últimas eleccións locais, Tereixa Fernández Martínez, tomou posesión este martes 23 de
xaneiro como concelleira na Corporación Municipal de Fisterra, suplindo ao seu compañeiro e cabeza de lista Kuka Sar, que dimitiu hai dous
meses por razóns persoais.

Tereixa Fernández, que foi responsable de Cultura no goberno local de Fisterra entre 2015 e 2023, será a partires de agora a nova voceira do BNG no Pleno e mostrouse “ilusionada por volver á Corporación Local co compromiso de traballar polo progreso e desenvolvemento do pobo de Fisterra”.

Durante a etapa de Tereixa Fernández no goberno municipal á fronte da Concellaría de Cultura, viron a luz importantes iniciativas como a apertura da Biblioteca Municipal, que levaba anos pechada, e outros proxectos como “Trasmallos da Cultura” ou a Escola de Teatro municipal.

Comentarios