Luns. 09.09.2024
El tiempo

Un artista inesperado

Un artista inesperado
Artista colaborador no proxecto Mil Rios

Xa lle botamos un ollo ao proxecto “Mil Ríos” e da súa desembocadura na fin da terra. Un proxecto desenvolto entre outros polo fotógrafo afincado en Sardiñeiro Manuel Sendón, que consiste en sacar fotos dende unha canoa polos ríos do país. Pero unha perda inoportuna convertiuse nunha inesperada colaboración.

Ían pola viaxe número 17 na canoa, cando perdían nunha bolsa estanca un dos móbiles cos que recollían as instantáneas para o proxecto. Un teléfono que contaba cun sistema de almacenamento online a través dunha Dropbox.

O caso é que a persoa que atopou o móbil seguíu o legado, e non deixou de compartir as súas imaxes, cambiando a punta da piragua polos seus pés. Os organizadores, tomando as imaxes como un sinal de agradecemento decidiron incluílas novas imaxes no proxecto, como non podía ser doutro xeito. A realidade supera a ficción e o anonimato do artista colaborador mantense vivo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios