Un ferido tras caer por unhas rochas da praia de Talón

15:32 04/05/16

Unha persoa resultou ferida tras polas rochas da praia de Talón, no Concello de Fisterra. Un particular alertaba ao 112 ás 14:00h, solicitando asistencia sanitaria e un equipo para rescatar ao home, pois caera nunha zona rochosa de difícil acceso. O home, natural de Barcelona, quedou inconsciente un rato, e cando espertou lanzouse ao mar, onde unhas persoas o viron e o levaron a terra.
Urxencias Médicas desprazouse ao lugar, pero tivo que agardar a que un equipo de voluntarios de Protección Civil de Fisterra acodise ao lugar para subilo ata a estrada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).