Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un furacán no mar de Fisterra?

Un furacán no mar de Fisterra?
Manga Marina en Fisterra-Foto-Mar de Ardora

Menudo susto que levaron os veciños de Fisterra na tarde noite do pasado venres. Esta era a estampa que se vía dende Mar de Fóra, e moitos tremeron. Pero segundo nos contan dende 4gotas.com, non era un tornado nin un furacán, trátase dunha manga mariña, manga de auga ou tromba mariña.

Sinalan que “había condicións para a formación deste fenómeno meteorolóxico, pois había “enerxía convectiva abonado coma para formala”.

E se os tornados son un dos fenómenos máis destrutivos da natureza, e son capaces de xerar ventos de ata 500 km/h, puidendo durar horas e percorrer centos de quilómetros; as trombas mariñas non son tan voraces, e nacen dun embudo entre embudo que contén un torbellino sobre o auga e a conecta cunha nube cumuliforme, alcanzando alturas de entre 450 e 900m. Debuxan traxectorias curvas que poden durar ata 15 minutos. Pero non soen entrar en terra.

Novas sobre temporais

Fonte

Comentarios