Un Maratón de Sangue consegue un 50% máis de doazóns en Fisterra

Encantados estamos cas novas propostas que se están desenvolvendo polos centros de ensino da bisbarra neste último ano. Un dos que máis nos presta foi o #FisterraDoa, un proxecto dende o IES Fin do Camiño que mestura compromiso con solidariedade. Foron os alumnos os creadores dunha campaña de fomento da doazón, tan necesaria sempre, creando un verdadeiro maratón de sangue á chegada do bus da doazón este pasado mércores 20 de maio.

Ademais, a campaña foi un éxito total, pois conseguiuse un 50% mais de doazóns e 12 novos primeiros doantes. Había lista de espera durante moitas horas do #Maratondesangue para subir ao bus, con todos os mestres doando e numeroso veciños.

Un exercicio de solidariedade no que os alumnos, que son os máis importantes, aprenderon moitísimo.

Novas fisterrás

Bos exemplos escolares

Malos exemplos no ensino

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)