Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Un premio para os cibermentores doadores de Fisterra

Un premio para os cibermentores doadores de Fisterra
Visita da Xunta ao IES Fin do Camiño Visita da Xunta ao IES Fin do Camiño para render homenaxe aos alumnos da campaña #FisterraDoa Reconecemento ao IES Fin do Camino por FisterraDoa

Merecen este recoñecemento e moitos máis. Os alumnos do IES Fin do Camiño de Fisterra recibían esta mañá a visita do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que quixo recoñecer o traballo realizado ca campaña #FisterraDoa, esa fantástica campaña de sensibilización e captación de doadores, que supuxo todo un exemplo de creatividade e solidariedade e que conseguiu toda unha marca de doazóns na visita da unidade móbil: 49 efectivas de 63 intentonas.

"Para que vexades o que implica esta cifra", -dixo o conselleiro no acto-, "grazas a estas doazóns poderanse realizar 25 intervencións cirúrxicas, ou 5 transplantes de fígado, e transfundir plaquetas a 10 enfermos de cancro". Este agradecemento o conselleiro o fixo extensivo tamén aos docentes que animaron aos alumnos e os apoiaron nesta iniciativa, o que resultou todo un exemplo de carácter comprometido e solidario. O agradecemento do conselleiro tamén foi, naturalmente, para os doantes de Fisterra.

Na celebración de hoxe, que tivo lugar na Biblioteca do centro educativo coa presenza do grupo de alumnas e alumnos merecedores do recoñecemento, proxectouse un vídeo da iniciativa, e o conselleiro fíxolles entrega dun agasallo ao Instituto, que recolleu a directora do centro, Virginia Rodríguez.

Reconecemento ao IES Fin do Camino por FisterraDoa 1

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios