Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Unha de economía sumerxida entre o alcalde e o voceiro do BNG de Fisterra

Unha de economía sumerxida entre o alcalde e o voceiro do BNG de Fisterra
O alcalde de Fisterra, Traba, e o voceiro do BNG, Kuka Sar

”O portavoz do BNG saberá moito sobre como combater a economía somerxida“, soltaba o alcalde de Fisterra esta semana nun programa de RadioVoz. Unhas declaracións que non sentaron nada ben ao voceiro BNG, Kuka Sar, que preguntará no pleno de outubro a que se refire concretamente con esa afirmación, e se trataba de acusar ao representante do BNG de algo.

Todo xurdía a raíz das duras cifras do paro en Fisterra, con màis de 500 parados na vila, o que supón o 35% da poboación activa.

Sar quere contestar que “coma traballador autónomo ten unha contabilidade exemplar e sen mancha no cumprimento das súas obrigas fiscais, á vista de calquera inspección”. E” sinala que “o meu historial da vida laboral, das obrigas coa administración de facenda e da seguridade social, en fin, coma traballador autónomo que comeza o seu traballo ás seis da mañá pero que nunca sabe cando remata, está aí pra quen queira velo, incluso se o Alcalde quere convocar ad hoc unha Comisión para investigalo, pois alí terá os papeis”.

E invita ao alcalde a “que, se ten dúbidas, no exercicioidas súas responsabilidades debería presentar unha denuncia”, para “combater a economía sumerxida”. “Se non o fai é porque temos un alcalde moi acostumado a escorrelo bulto, sementando infundios e inxurias”, critica.

Asegura o BNG que solicitará no vindeiro pleno que se aclare o contido das insinuacións, e valorarán “se existe un ataque (que podería ser un delito) contra a honorabilidade por calumniar e/ ou inxuriar a unha persoa habilitada coma concelleiro”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios