Unha exposición, uns títeres e unha obra de teatro en Fisterra polas Letras Galegas


Chegamos a maio e xa comezan a aparecer os programas das Letras Galegas. Sempre ca referencia do Festiletras, referencia en toda Galicia, Fisterra saca a súa programación, relacionada co autor que este ano leva a homenaxe, Xosé María Díaz Castro.
Unha exposición estará aberta na Auña CeMIt dende o 12 ao 31 de maio, repasando a vida do poeta galego que máis coidaba as formas. Ademais, o venres 16 de maio haberá unha sesión para os peques, as 19:00h no Salón de Actos do Concello, cos Títeres Cascanueces.
Para o propio sábado 17 ás 18:00h, Abrapalabra Cracións Escénicas representará a obra “Memorias das memorias dun neno labrego”, dirixida e interpretada polo gran Cándido Pazó, traendo de volta a historia de Xosé Neira Vilas.
Aquí vos deixamos coñecendo un pouco máis a Díaz Castro:
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).