Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha FITUR de nasas, congros e bicicletas con sabor a Finisterre

Unha FITUR de nasas, congros e bicicletas con sabor a Finisterre

Xa está en marcha a Feira Turística máis importante do estado. A FITUR convírtese nun minimundo cheo de nacionalidades e paraxes coñecidas e descoñecidas. E entre elas, un curruncho de Galicia co seu stand propio. Pero polo menos este ano, non como en anos anteriores, a Costa da Morte terá un espazo único. I é que se no enorme stand de Turgalicia figuran zonas como a Ribeira Sacra ou Ancares-Courel, a Costa da Morte terá a súa propia caseta.

Orixinal, iso si, a caseta que este ano presenta a Asociación Neria na Fitur. E feita na casa ademais, pois foi unha carpintería de Vimianzo quen creou este stand feito de nasas, por algo menos de 25.000€.

E o Consorcio?

Non estará o Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, nin APTCM, pero no aire segue quedando pendente a unificación en materia turística que esixe a Xunta para tratar directamente coa bisbarra. A creación do Consorcio segue sendo unha prioridade fundamental para poder entrar no circuito da Xunta, pero polo de pronto non se están a dar pasos ningúns.

Presentacións

Quen si estarán no stand de Turgalicia serán os secadoiros de congro, que a través do Concello de Muxía e da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural chegan á Fitur pola porta grande.

Tamén chegará a Turgalicia o proxecto "Turismo Finisterre", que se presentará este xoves 19 de xaneiro, sendo o primeiro dos actos que se celebrarán na caseta da Neria ás 12:30h, e que tamén o fará no stand de Turgalicia ás 18:00 hrs.

"Turismo Finisterre" está formado por 10 empresas coa intención de ofertar Turismo de calidade en Fisterra e na Costa da Morte. As empresas implicadas son: Albergue Finistellae, Casas Finisterre, Hotel Rústico Insula Finisterrae, Hotel Rústico Prado da Viña, Hotel da Natureza O Semáforo, Restaurante Casa Lestón, Restaurante Casa Velay, Restaurante O Fragón, Restaurante Tira do Cordel e Boulevard Lounge.

Nos 2 actos programados informarase da liña de produtos que se lanzarán ao longo deste ano 2012, así como das canles de comercialización cos que contará o proxecto (Web, RR.SS., Guía Turística)

La Vuelta pola Costa

A outra presentación que se desenvolverá será a dúas rodas. O Concello de Dumbría presentará a etapa da Vuelta Ciclista a España que rematará no Miradoiro do Ézaro.

Protestas dende o BNG

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios