Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os alcaldes da bisbarra apoian a creación do Consorcio

Os alcaldes da bisbarra apoian a creación do Consorcio
Na xornada de onte, xoves 28 de xullo de 2011, desenvolvíase na Casa da Cultura de Vimianzo unha reunión convocada pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) con representantes municipais de toda a bisbarra.  O tema a debatir era a creación do Consorcio de Turismo, e os resultados semellan ser satisfactorios, xa que alcaldes e tenientes de alcalde amosaron o seu respaldo a dito proxecto. Á cita acudiron os Concellos de Fisterra, Corcubión, Muxía, Camariñas, Vimianzo, Zas, Laxe, Ponteceso, Malpica, Carballo e A Laracha. O presidente da APTCM, Manuel Pan, explicou o camiño percorrido ata o de agora e pediu aos mandatarios locais unha “renovación do compromiso adquirido no seu día para a participación no Consorcio”. Pan lembrou que o Consorcio “é unha esixencia dos empresarios da Costa da Morte”. En canto ao aspecto económico, a cota de cada Concello consta dunha contía fixa, pero con matices, xa que se incrementaría ou diminuría en función do número de habitantes e número de prazas hoteleiras. Varios alcaldes solicitaron a implicación da Deputación como axudar para mermas as aportacións municipais. Pan dixo que vai solicitar unha entrevista co presidente da Deputación, Diego Calvo, para tratar o asunto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios