Venres. 17.05.2024
El tiempo

Unhas obras moi caras

Unhas obras moi caras
Obras de R en Cee

Seguimos esperando como auga de maio que R comece a operar na zona coa súa rede de banda longa. Pero as obras están saíndo caras, e xa son varias as queixas que nos chegaron a esta redacción.

Por exemplo, os cortes de auga en Cee, Corcubión e Fisterra están sendo un auténtico problema. Dende Fisterra, José María Calvo envíanos a súa queixa polos continuos cortes, que imposibilita facer plans, ducharse... e ademais lamenta a falta de información e cando chama din que xa estaban previstos. "E logo costa moito mandar un vehículo municipal informando?", pregúntase.
En Corcubión, pola súa banda, estiveron varios días con auga marronciña, provocada por unha fuga de terra das estradas nas tuberías. Algo inusual pero un operador de Augas de Galicia nos aseguraba que o problema vén de lonxe, e que solución custaría demasiados cartos...

Unhas obras no Bar

As Vallas de Obra de R provocaron as protestas do Bar CeeFis

Unha queixa máis airada nos chega dende o Bar CeeFis, de Cee. Javier Sillero nos conta que as vallas de obra de R estiveron máis dunha semana nas portas do seu local, cos problemas que iso supón para un establecimento hostaleiro.

Javier denuncia que dende as administración non lle prestaron atención á súa problemática, e afirma que fará calquera cousa para que non volva acontecer.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios